O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibiu o premio especial pola súa traxectoria e o seu compromiso co mundo da discapacidade. Ferrero agradeceu ao seu equipo o labor que realiza o Concello de Carballo e animou ao resto dos concellos galegos a apostar pola inclusión: «Non queremos ser pioneiros, queremos ser unha administración máis entre unha multitude», dixo na súa intervención.
A gala comezou coa entrega do galardón na categoría de Administración Autonómica, que este ano recaeu na Consellería de Política Social. No apartado de Administración Local, no que fora premiado o Concello de Carballo na edición anterior, este ano o galardoado foi o Concello de Lugo. E na sección empresarial o premio foi nesta ocasión para a lucense Industrial Recense.