O Concello de Cedeira aprobou o pasado mes de marzo, nun pleno extraordinario retirar o nome do exministro franquista do rueiro. Dita avenida pasou a chamarse ‘A Fraternidade’. Segundo a corporación municipal, co alcalde socialista Pablo Moreda á cabeza, este cambio levouse a cabo en cumprimento da Lei de Memoria Histórica e de respecto ás vítimas da ditadura franquista. Moreda explicou que, ata a data da votación, o 9 de marzo, o Goberno local había recibido numerosas solicitudes para a retirada do nome de Fraga nesa rúa. En concreto, referiuse aos escritos que se remitiron desde a Presidencia do Senado en febreiro de 2018, setembro de 2019 e xaneiro de 2020. En palabras de Moreda: «Recibimos tres avisos desde o Senado de que tiñamos que cambiar o nome da rúa».
35