- A Audiencia de A Coruña ordenou repetir o xuízo para garantir a imparcialidade do xuíz
A Audiciencia Provincial de A Coruña confirmou este mércores que o alcalde de Cerceda, José García Liñares, foi condenado por prevaricación ao iniciar unhas obras antes de adxudicalas.
García Liñares xa fora condenado hai uns meses por este mesmo caso pero a Audiencia da Coruña ordenou repetir o xuízo por considerar que o anterior xuíz non garantira a súa imparcialidade.
Na sentenza, os maxistrados sinalan que a obra “comezou polo menos o 31 de marzo de 2015 por unha contratación verbal, sin que o expediente administrativo alcanzase a fase de adxudicación”, e que a empresa non iniciaría as obras sen orde directa do alcalde.
Xunto con García Liñares, o xuíz tamén condena ao arquitecto municipal como cooperador necesario do delito de prevaricación a catro anos de inhabilitación e a 9 meses de suspención como autor dun delito de falsidade en certificado.
A sentenza pode ser recorrida e o avogado do condenado xa avanzou a La Opinión de que así o fará.