O alcalde de Cerceda reúnese e responde ás cuestións do alumnado de 5º e 6º de primaria


O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez García, achegouse ata o CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro para manter unha charla distendida e responder ás preguntas formuladas polo alumnado de 5º e 6º de primaria do municipio.

O encontro enmarcouse dentro do proxecto ‘Bibliotecas Humanas’, coa finalidade de que personalidades diversas conten as súas  vivencias e experiencias vitais.

Tras a entrevista, o alcalde destacou que “foi unha experiencia moi agradable e satisfactoria, que agardo que tamén o fora para as nenas e nenos”.

Rodríguez tamén tivo tempo para plasmar a súa firma no libro de visitas onde deixou plasmado a seguinte mensaxe: “Moitas grazas por convidarme a pasar este agradable anaco con vós. Agardo que continuedes sendo tan curiosos como hoxe amosastes. Anímovos a perseguir os vosos soños, afondando sempre no amor e nos sentimentos positivos”.