O alcalde de Coristanco reúnese co vicepresidente da Xunta

0 minutes read

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo na mañá deste xoves 12 de setembro en San Caetano unha xuntanza de traballo co alcalde de Coristanco, Juan García Pose.

O obxectivo do encontro foi avaliar as distintas vías de colaboración abertas entre a Administración autonómica e o concello, e explorar posibles ámbitos de cooperación conxunta de cara o futuro para seguir mellorando a calidade de vida da veciñanza.