O alcalde de Fene abandona o PP, pero non a alcaldía, tras triplicar a taxa de alcoholemia

O alcalde de Fene Gumersindo Galego, anunciou este martes a súa renuncia á militancia no PP tras ser condenado o 12 de novembro a 244 días de retirada do carné de conducir e 600 euros de multa ao triplicar a taxa de alcoholemia nun control no municipio. Con todo, di que prevé manterse como rexedor nun Goberno que lidera en solitario e en minoría a súa formación. Ante esta noticia, os grupos da oposición destacaron que analizarán a situación política na localidade.
Galego foi interceptado tras abandonar a sede da súa agrupación na xornada de eleccións xerais do pasado 10 de novembro, na que admite que inxeriu «algo» tras concluír o percorrido polos colexios feneses. Mostrouse «arrepentido e apesarado» por este feito, que tachou de «algo imprevisto» e sobre o cal apostilou que viaxaba en vehículo coa súa esposa.
O alcalde de Fene informou que pediu a baixa no PP con data do pasado 18 de novembro e apuntou que a «alcaldía se mantén». «Así o farei, os meus actos non deben prexudicar o partido», declarou o rexedor fenés, que observou que se debe «aos máis de 2.400 veciños» que o elixiron.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha