O alcalde de Ferrol reúnese ca ministra Margarita Robles

2 minutes read

O alcalde abordará coa ministra de Defensa o convenio recentemente firmado entre o Concello e o Invied polo que a cidade pasa a ser titular de dez parcelas militares xa sen uso.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a ministra de Defensa, Margarita Robles, manterán este martes unha reunión de traballo no ministerio, en Madrid, para abordar os detalles do recente convenio rubricado entre o rexedor ferrolán e o director xerente do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa (Invied), o xeneral Sebastián Marcos Morata, polo que a cidade para a ser titular de dez parcelas militares xa sen uso.

No encontro, Mato e Robles traballarán sobre o desenvolvemento a partir de agora do contido recollido no documento e a tramitación máis inmediata. Neste senso, o alcalde apuntou que o goberno local “está preparado para iniciar canto antes” os pasos a seguir.

O convenio firmouse inicialmente o 25 de marzo de 2015 e ratificado polo pleno municipal o pasado 7 de marzo. A peza central do acordo é o antigo cuartel do Sánchez Aguilera, de 90.000 metros cadrados e ubicado en pleno centro da cidade, entre a avenida do Rei, a estrada de Catabois e as rúas Virxe da Cabeza, Cardosas e Roi Xordo.

O Invied tamén cede ao Concello de xeito gratuíto as seguintes parcelas:

-Polvorín de Mougá (210.877 metros cadrados).
-Ex Polígono de Tiro de Catabois (15.980 metras cadrados).
-Cuartelillo de San Luís, en Canido (4.027 metros cadrados).
-Campamento de Covas (487.798 metros cadrados).
-Cuartelillo de Monte Covas (6.694 metros cadrados).
-Polígono de Tiro de Doniños (86.583 metros cadrados)
-Estación Torpedista da Armada, en San Felipe (20.261 metros cadrados).
-Observatorio Meteorolóxico de Monteventoso (117.070 metros cadrados)
-Pola súa banda, Concello adquire tamén a estación de Radio ‘El Molino’, en Mandiá (125.338 metros cadrados), que contribuirá á creación de solo industrial.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?