O alcalde de Lalín e a súa muller dan positivo por Covid-19


 José Crespo, e a súa muller, deron positivo na proba do COVID-19, segundo anunciou o propoio alcalde nun vídeo que subiu ás redes sociais.   

“Este xoves confirmáronme que Maribel e eu demos positivo nas probas do coronavirus que nos fixeron o pasado martes. Simplemente dicirvos que estamos os dous ben e que eu sigo traballando dende a casa para tentar paliar, na medida do posible, todos os problemas ocasionados por esta pandemia, que, como imaxinaredes, non son poucos”, apuntaba José Crespo.

Tamén apuntou Crespo que notou “os primeiros síntomas” hai 15 días e que dende entón segue “os protocolos de seguridade sanitaria”.