O alcalde da Laracha acude ao acto de benvida ao alumnado da Policía Local de Galicia

• Celebrouse na sede da Academia Galega de Seguridade Pública
• O Concello da Laracha delegara na Xunta de Galicia o procedemento de selección de dous Policías Locais

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, asistiu este mércores ao acto de benvida ao alumnado da 11ª promoción de Policía Local de Galicia, que se celebrou na sede da Academia Galega de Seguridade Pública en A Estrada. O acto estivo presidido por Alfonso Rueda, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O Concello da Laracha delegara na Xunta de Galicia o desenvolvemento do procedemento de selección dos dúas persoas que ocuparán en propiedade como funcionarios de carreira dúas prazas vacantes de Policías Locais.

Unha vez superadas as probas, antes de incorporarse á Policía Local da Laracha deberán realizar un período formativo de nove meses de duración, que inclúe unha fase práctica que desenvolverán no termo municipal en parte durante o próximo verán.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha