O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión co alcalde de Laxe, Francisco Charlín, con quen analizou distintas liñas de colaboración para a posta en valor dos recursos turísticos locais. En concreto, o rexedor de Laxe trasladoulle o proxecto no que están a traballar que consiste para a rehabilitación do Muiño de Vento así como distintas iniciativas de turismo activo para desenvolver no próximo verán.

O director de Turismo de Galicia eloxiou a proxección turística da Costa da Morte que engade identidade ao destino e destacou o traballo e a implicación dos gobernos locais, en concreto, o de Laxe, no impulso turístico da zona, que se ratifica tamén coa colaboración das entidades empresarias e a veciñanza.

Related posts

La asociación Vieiro dio a conocer el balance correspondiente al año 2025

A morte dunha muller ferida eleva a 46 as persoas falecidas polo accidente ferroviario de Adamuz

Iniciado na Laracha o procedemento de selección das 15 persoas que participarán na nova acción formativa para desempregados