O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, vén de asinar os contratos de seis socorristas, que comezan este sábado día 17 de xuño a traballar nas praias de Area Maior e Canido. A contratación realizouse para que o servizo dure ata o 11 de setembro. Estarán a xornada completa e realizarán funcións de prever accidentes ou situacións de emerxencia nas praias indicadas, realizando tarefas de vixilancia e información. Rescatar persoas en casos de accidente ou situación de emerxencia. Asistir como primeiro interveniente no caso de accidente ou situación de emerxencia. Velar pola seguridade dos usuarios das praias indicadas previndo situacións potencialmente perigosas realizando unha vixilancia permanente e eficiente e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.
43