O alcalde de Malpica reúnese co conselleiro de Educación para abordar melloras nos centros de ensino do municipio

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, mantivo este martes unha reunión co conselleiro de Educación, Román Rodríguez González, para tratar diferentes necesidades e proxectos de mellora nos dous centros de educación primaria do concello.

No caso do CEIP Milladoiro, abordouse a posibilidade de acometer o arranxo integral do ascensor actual ou, no seu defecto, instalar un novo que garanta a plena accesibilidade do edificio. Pola súa parte, no CEIP Joaquín Rodríguez Otero falouse da substitución das xanelas dun dos laterais da planta superior, da renovación da carpintaría e tamén da posibilidade de tirar un tabique existente na biblioteca, co obxectivo de mellorar os espazos e favorecer o seu uso educativo.

O conselleiro mostrouse receptivo ás propostas formuladas polo rexedor e comprometeuse a levar a cabo as actuacións necesarias para garantir o bo funcionamento e mantemento dos centros educativos de Malpica.

Related posts

Ampla programación para conmemorar o Samaín na Laracha

O PSdeG de Coristanco critica a ‘improvisación e o engano do goberno do PP’ sobre os problemas reais da parroquia de Verdes

Aspaber rendeu homenaxe a Evencio Ferrero “polo seu compromiso social como alcalde de Carballo”