O alcalde de Malpica supervisa as obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños

Cedida

  • Trátase, concretamente, dos camiños de Raxeira a Tremoa, o de Leduzo e o de Filgueiras a Loroxo

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, acudiu esta semana á supervisión das obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños con motivo do inicio dos traballos.

Concretamente, intervirase nos camiños de Raxeira a Tremoa, no de Leduzo e no de Filgueiras a Loroxo, situados nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda.

As obras, que contarán cun orzamento de 154.634,31 euros, consistirán na limpeza de cunetas, no bacheo do firme asfáltico e no pintado das marcas viais correspondentes. Ademais analizaranse as intervencións nas arquetas, tapas e sumidoiros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha