O alcalde de Malpica tratou varias necesidades municipais coa conselleira Ethel Vázquez

1 minutes read

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o 2º tenente alcalde, Miguel Ángel Fernández, mantiveron este venres un encontro  de traballo coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar varios temas importantes para o municipio.

O rexedor solicitoulle axuda para o financiamento dunha obra fundamental como é saneamento e depuración para o lugar de Beo. O orzamento para levala a cabo sería de  774.619€, do cal a Xunta aportaría o 80% e o concello o 20%, Ethel Vázquez, comprometeuse a estudar o proxecto e a traballar para poder executalas o máis pronto posible.

Parga tamén expuxo a necesidade de facer unha actuación na vía AC-418, a altura do colexio Milladoiro, para mellorar o acceso tanto o centro educativo como ó Centro Cívico da vila.

Ademais o rexedor tamén pediu unha intervención no entorno da Rotonda da Balsa para que os viandantes que veñen de Cambre poidan cruzar a estrada sen perigo xa que é unha vía moi transitada. A conselleira tomou boa nota das petición e comprometeuse a mandar os técnicos para acadar unha pronta solución a prol da seguridade dos veciños e das veciñas do concello.