O alcalde de Malpica, Walter Pardo, asistiu en Muros á inauguración da exposición itinerante “O océano que nos une”

Imaxe de arquivo do alcalde de Malpica, Walter Pardo_Cedida

  • O Ecomuseo Forno do Forte está incluído na nova exposición itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, asistiu esta semana en Muros á inauguración da exposición itinerante “O océano que nos une”, que forma parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) e que está impulsada polos 8 Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia (GALP). O alcalde estivo acompañado polo director do Ecomuseo Forno do Forte, Paco Doval, xa que é un dos espazos museísticos incluídos na exposición.

A través de dez paneis informativos, “O océano que nos une” mostra os elementos máis significativos dos museos que a acollerán, e que teñen en común a súa conexión co mar a través de temáticas tan diferentes como a pesca, a historia, o medio ambiente ou, como no caso do Forno do Forte, a etnografía. Por falta de espazo, a exposición non se instalará no ecomuseo, senón no Centro Cívico de Malpica, que será a última parada do roteiro do 24 de outubro ao 3 de novembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha