Tras as acusacións recibidas, o alcalde de Muxía pide que se demostre o estado do contrato do SAF

2 minutes read
  • Toba ofrece a posibilidade de que se faga público o documento que supostamente acredita que a empresa que presta o servizo do SAF non pague aos seus traballodores/as.

Iago Toba afirma que “ante as mentiras e inxurias que se están a producir por parte da oposición e de pseudorepresentantes sindicais, o alcalde manifesta que dá a súa autorización expresa para facer público, mediante calquera canle, o documento/acordo que supostamente está firmado pola alcaldía e onde se menciona que a empresa que presta servizo do SAF en Muxía ten o dereito de non abonar as nóminas ás empregadas ata que o Concello non ingrese o importe da factura”.

O rexedor ofrece a oportunidade de que o demostren ao longo de 48 horas. De non ser así, fará de xeito público o documento real firmando pola alcaldía e esixirá unha desculpa pública ao Goberno local por parte de todos e todas os que os que faltan á verdade. O alcalde destaca que neste grupo de Goberno si que hai persoas, concelleiros e concelleiras, que desde fai cinco anos non teñen remuneración ningunha por realizar o seu traballo, e si, tamén teñen familias.

Indica que o BNG de Muxía debería dedicarse a controlar a agresividade dos membros da súa lista nos últimos tempos, xa que considera fóra de lugar e con falta de altura de miras.

En relación ao Partido Popular, que afirmou que este problema de pago interanual tan só pasa en Muxía, que a señora Vilela, xa que non é Diputada e figura no derradeiro posto da lista ao Parlamento mentres outros compañeiros/as da comarca ascenden, lle pregunte ao compañeiro do seu partido e alcalde do PP de Laxe como vai a realizar un pleno co asunto de pagar o servizo de SAF de novembro e decembro, e que lle pregunte si as empregadas da empresa cobraron nese caso.

A CiG, preocupada mais polos resultados do BNG nas vindeiras eleccións autonómicas de 18F, tamén teñen a oportunidade de facelo público, xa que afirmaron a existencia de ese suposto documento.

Por último, o alcalde condena o silencio mantido durante todo este tempo coas súas traballadoras por parte empresa que presta o servizo do SAF de Muxía. Tamén ofrece a posibilidade de que a empresa desminta e faga público o susodito documento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?