O alcalde de Oleiros afirma que «O coronavirus foi creado para destruir a economía de Europa e Asia»

Cedida.

Ángel García Seoane publicou este luns na súa conta de Facebook un comunicado no que afirma que, «Lamentablemente estamos a padecer unha situación moi adversa provocada por un virus que foi creado en laboratorios para destruír a economía de Europa e de Asia. Os primeiros casos apareceron nunha das cidades máis importantes para a economía china e en Irán. Que casualidade! China e Irán, dous países en total confrontación con Estados Unidos», afirma Seoane.

O alcalde de Oleiros prosigue decindo que «O coronavirus está a arruinar a economía de moitos países. Os estados quedan sometidos aos vaivéns e directrices daqueles que pretenden dominar o mundo, para facer máis ricos aos globalizadores, para asoballarnos. Con guerras e agora con este virus fan subir e baixar a bolsa para saqueala e eliminar a pequenos e medianos inversores. Alteran os prezos do petróleo para atacar aos países produtores que non lle son afíns. Utilizan internet e as redes que crearon para espiar e manipular gobernos e empresas».

Gelo vai máis aló e vaticina que «A vacina para acabar con isto xa a teñen creada. Cando sexan millóns as persoas afectadas aparecerá… Outro negocio máis. É tremendo, pero é a miña visión do que está a acontecer. Os poderosos contra os que non o somos», conclúe Ángel García Seoane.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha