19
O alcalde, Ángel García Seoane, reuniuse este venres co xefe da Demarcación de Costas da Coruña para reclamar novamente a rexeneración da praia de Santa Cruz; a continuidade do paseo marítimo desde Beiramar ata Cambre; e a obra que asegure a rúa da Gaivota na zona do Xunqueiro, en Mera. Ante a negativa do responsable de Costas de asumir as súas competencias nestes asuntos, o alcalde solicita unha reunión co Delegado do Goberno.