34
- Este luns celebrarase un pleno ordinario para debatir esta cuestión
O Concello de Ponteceso presentou un balance positivo de 673.556,92 euros tras a liquidación do ano 2020, e desde o goberno local agardan destinar deste total uns 514.023,53 euros para o pago a proveedores e tamén das facturas pendentes.
Este luns celebrarase un pleno ordinario no que será necesario que a oposición se absteña ou vote de xeito favorable a esta iniciativa. O alcalde, Lois García Carballido, lembrou a súa «vontade de chegar a acordos en beneficio dos veciños e das empresas
que traballan para o Concello».