- O Concello de tamén demanda que se executen varias solicitudes para evitar que certas vivendas se aneguen coas choivas do inverno
O alcalde do Concello de Ponteceso, Lois García Carballido, solicitoulle por terceira vez á Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia que esclareza o motivo polo cal segue a retrasarse a licitación das sendas de O Couto e Xornes, que son de competencia autonómica. Carballido xa realizara a mesma petición en marzo e xullo deste ano, sen obter «ningún tipo de resposta».
No caso da senda do Couto, a propia conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, prometera en marzo de 2020 realizar as licitacións no mesmo ano, pero a día de hoxe seguen sen estar publicadas as bases. O problema coa licitación da segunda fase das sendas de Xornes é o mesmo.
O rexedor tamén solictara unha xuntanza coa conselleira, aínda sen data fixada, para informarse sobre un proxecto de saneamento e abastecemento de auga. Ademais, o Concello de Ponteceso demanda que se executen varias solicitudes para evitar que algunhas vivendas se aneguen coas choivas do inverno.