O alcalde de Ponteceso, preocupado pola paralización dos traballos para evitar inundacións


O Alcalde de Ponteceso, Lois García, amósase preocupado porque dende o 9 de xuño que recibiu unha notificación para una reunión sobre as inundacións en Ponteceso, non hai nada de nada. Lois afirma que “no orzamento da Xunta de 2023 hai cero euros para o Arpsi de Ponteceso. Ademais, Costas del Estado confirma que non se puxeron en contacto con eles para a súa opinión sobre as saídas de auga dos regos do Xuncal, que ao desbordar son os que inundan Ponteceso.”. Por elo, o Alcalde vén de solicitar unha reunión urxente coa Directora de Augas de Galicia.

A maiores, o Concello está realizando unha limpeza de canalizacións de pluviais e fecais, pozos de bombeo e estacións depuradoras, para evitar os danos nas vivendas e nas infraestruturas. Os veciños e veciñas con canalizacións obstruídas poden chamar ao 981 71 40 00 e solicitar actuacións no seu barrio.