Lois garcía Carballido expón o tema en dúas frontes: conseguir que se alugue todo o que está pechado e baleiro, e que os demandantes de vivenda que non poidan pagar un aluguer comercial aposten pola vivenda protexida.
“No Concello de Ponteceso temos aberta unha oficina para solicitar axudas do cincuenta por cen do aluguer durante cinco anos, unha vivenda social dende 60 euros ao mes, unha vivenda protexida en propiedade, e unha axuda do vinte por cen do prezo de compra para os menores de 35 anos” declarou o Alcalde.
Con só traer o DNI e un móbil intelixente, na oficina de forma presencial e sen cita previa, ou no teléfono directo 881983223, a oficina de axuda ao acceso á vivenda atende os demandantes de axudas de vivenda.