O alcalde de Ponteceso solicitalle a conselleira pontecesá Ethel Vázquez varios asuntos prioritarios

2 minutes read
  • O alcalde de Ponteceso Xosé Lois García Carballido aproveita o comunicado para, como persoa insigne natural de Ponteceso, desexarlle a conselleira un bo remate do 2019 e a expresión da consideración máis alta que lle ten o pobo de Ponteceso, por boca do seu Alcalde.

1. INVESTIMENTO DE AUGAS DE GALICIA EN SANEAMENTO E ABASTECEMENTO, PARROQUIAS DE CORES, PAZOS, TALLO, LANGUEIRÓN E XORNES SEGUNDO ANTEPROXECTO DE AUGAS DE GALICIA.

Trala visita do Alcalde á Directora de Augas de Galicia dona Teresa Gutiérrez, ésta acordou a redación dun proxecto preliminar que foi adxudicado á empresa Integrados, coa supervisión do xefe de sección do Departamento de Obras, Jean Pierre Blanco Menéndez.  A asistencia técnica para a mellora do abastecemento e saneamento en Ameixenda (Pazos)  e as parroquias do interior de Ponteceso arriba citadas, ten como resumo o documento que lle achego no axunto. Estes documentos amosan tres alternativas, sendo a menos custosa ,a ideal na nosa opinión. Ademáis, podería facerse por fases, sendo prioritario para nós o saneamento de Bardaio-Riotorto-Ameixenda e a mellora da depuradora de Ameixenda. Ademáis, Langueirón non ten abastecemento de augas municipais, sendo prioritario dado o cambio climático e a existencia dunha granxa de 400 vacas, A Devesa de Langueirón. Este estudio foi contrastado co Alcalde nunha reunión con Jean Pierre na súa oficina de Santiago. 

Solicitamos da señora Conselleira que Augas de Galicia nos redacte un proxecto e investimentos plurianuais para este fin.

2. Solicitude de ampliación do proxecto das beiravías do Couto AC-424 , para que cheguen á Casa de Pondal , en Ponteceso, ata a rotonda de Balarés, e presentación do proxecto aos veciños e veciñas do Couto, antes da contratación da obra. 

3. Solicitude de redación de proxecto, e execución das melloras de accesibilidade que reflicten as memorias axuntas, nas estradas autonómicas. No 90% as melloras discorren por dominio público de estradas autonómicas, no restante 10% o concello comprométese a traballar para conseguir a cesión da porcentaxe necesaria das fincas. Estes proxectos pódense abordar en varias anualidades, sendo compatibles coa solicitude aprobada en pleno por unanimidade de construcción das sendas de Xornes (senda recentemente construida Buño Xornes, ata a Igrexa), senda no Quente de Xornes para unir as casas do lugar, Corme-Aldea (Guxín ás Forcadas) e Corme-Porto (Perillán).

Os documentos axuntos describen as actuacións solicitadas.

4. Solicitude de mellora do acceso ao Porto de Corme, sendo moi dificultoso o paso de trailers e autobuses neste momento.

Xosé Lois García Carballido

Alcalde de Ponteceso.