O rexedor nacionalista Miguel, Anxo Fernández Lores, fixo este anuncio unha vez que o orzamento do Concello de Pontevedra foi rexeitado no pleno, cos votos en contra dos once concelleiros do Partido Popular, a abstención dos cinco concelleiros socialistas e o voto a favor dos oito concelleiros do Goberno local do BNG. Polo tanto, anunciou este venres a convocatoria dunha Xunta de Goberno Local para presentar unha moción de confianza que probablemente se debaterá o próximo día 8 de xaneiro, recorrendo ao artigo 197 bis da Lei orgánica de réxime electoral xeral (LOREX). En caso de perdela, ademais de non lograr o visto e prace para as contas, facultaría a oposición para propoñer un goberno alternativo mediante unha moción de censura.
30