O alcalde de Vigo celebra o éxito do Nadal co sector comercial e turístico

Abel Caballero mantivo unha xuntanza co sector hoteleiro, hostaleiro, comercial e de servizos no Nadal para valorar como está a funcionar o turismo e a recepción de visitantes á cidade. “Valoramos o bo funcionamento, cun Nadal excepcional no que o nivel de satisfacción dos turistas é evidente”, declarou o alcalde ao finalizar o encontro.

“Constatamos a asistencia de visitantes con ocupación practicamente total. A constatación dun Nadal excepcional que segue a atraer turismo e o nivel de satisfacción é evidente”, expresou o rexedor ante o sector que está a desenvolver servizos para a recepción de turistas e visitantes durante o nadal.

Para o alcalde “o Nadal puxo Vigo no mapa” o que se traduce “nun espazo de publicidade e coñecemento practicamente imposible de concebir nunha cidade do tamaño de Vigo”. Caballero sinalou a importancia da “Marca Vigo” co Nadal, que xera turismo tamén o resto do ano, unha cuestión que tamén expuxo ante o sector económico da cidade. “Cabe sinalar a importancia para Vigo de que o Nadal siga a ser o primeiro de España”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha