O alcalde de Vigo chama á “cautela” cidadá ante o inicio da desescalada

Foto.- Cedida.

Abel Caballero abondou este venres na “necesidade de gardar escrupulosamente o confinamento” e “con moita máis rigorosidade” na etapa de desconfinamento que vén por diante. De cara á saída dos menores de 14 anos desde este domingo, o alcalde recordou que os datos revelan unha “contención significativa do virus” e chamou a “cooperar” para que continúe esta evolución porque non ser precavidos supón “un risco” para a saúde.

O rexedor aconsellou “sentido común” nun proceso de desescalada que debe afrontarse “con moita cautela”, facendo “compatible” as saídas dos nenos e nenas coa loita contra o Covid-19 e a redución do número de contaxios e falecidos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha