23
Abel Caballero clausurou a xornada celebrada na sede de Zona Franca «A aplicación e implicación da economía circular nas estratexias públicas e privadas», onde expresou ante o tecido empresarial que «a economía circular é unha nova forma de entender na economía na que vivimos». O alcalde afirmou que estamos «ante novos valores na sociedade onde antigas formas de explotación empresarial xa non son tolerables». Zona Franca e a organización contaron coa presenza de Caballero para expresar as mellores prácticas e estratexias públicas neste eido.