Abel Caballero explicou que quere tratar con Medina todo o relativo á Aviación Civil no ámbito vigués, o que inclúe o aeroporto de Vigo e a súa potenciación. A modo de exemplo, o alcalde amosou o seu “agrado” polas axudas á navegación aérea que xa funcionan en Peinador e que permiten, con tecnoloxía por satélite, manter a operatividade de voos no aeroporto con normalidade aínda en condicións climatolóxicas adversas.
“Doulle importancia á reunión”, asegurou Abel Caballero na mañá deste luns, antes da súa partida á capital de España, cita na que tamén estará sobre a mesa o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que prepara o goberno de Vigo. “No Plan, algúns dos informes os ten que facer Aviación Civil e nós vamos ofrecerlles xa toda a información, porque sabemos que o Plan de Ordenación, que está nestes momentos xa na preelaboración, vai cumprir con todos os requisitos para algo tan importante como o aeroporto”.