37
Abel Caballero, tras analizar este luns con representantes de asociacións profesionais, empresariais, veciñais e deportivas de Vigo a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, defendeu que “non existe ningunha razón para que a Xunta de Galicia tente paralizar” o novo ordenamento urbanístico, e por iso insistiu en reclamar á administración galega a súa “aprobación inmediata”, á vez que tende a man para o diálogo. Recalcou que o plan «cumpre coa legalidade», e que conta con seguridade xurídica «total».