O alcalde de Vilagarcía proposto como novo presidente da FEGAMP

1 minutes read

Alberto Varela asegurou que «será o maior defensor do municipalismo galego» e que reclamará «unha distribución xusta de competencias»:
«Trataremos de defender a autonomía local como non pode ser doutro xeito. Somos a administración máis próxima aos cidadáns… reclamaremos unha distribución xusta de competencias e que esas competencias a Xunta as acompañe de partidas orzamentarias».

Desde a Secretaría Xeral do PSdeG agradeceron o labor desempeñado por Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras, á fronte da Fegamp no mandato que agora conclúe. O órgano renovará a súa xunta directiva e a presidencia o 29 de novembro.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, dixo que «O resultado electoral do PSdeG en Vilagarcía foi un resultado histórico… E queremos amosar como temos alcaldes dunha nova xeración que representan a Galicia que queremos para o futuro».