O Alcalde de Zas trasládalle á portavoz do BNG o malestar da vila polo peche da oficina de Abanca

Cedida.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, mantivo un encontro coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no que lle trasladou o malestar da veciñanza polo peche da oficina de Abanca de Zas previsto para o vindeiro 8 de setembro. Este peche, unido aos das oficinas de Baíñas – no Concello de Vimianzo – e de A Baña, afecta directamente a 10.000 persoas de toda a comarca. Durante o encontro, Muíño expuso a batería de accións conxuntas que os tres concellos están a levar a cabo dende o momento en que coñeceron a nova a través dos empregados da entidade ou ben da veciñanza. Ao encontro asistiron tamén outros representantes do BNG no Parlamento Galego, entre eles: Mercedes Queixas, portavoz de Cultura e que atende a comarca de A Coruña e As Mariñas; Mon Fernández Alfonzo, portavoz de Industria que cubre Ferrolterra, Eume e Ortegal; e Daniel Pérez, portavoz de Emprego e Turismo e que representa ás comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte no hemiciclo Galego.