O alcalde e a concelleira de Ensino da Laracha reúnense coa directora do CEIP de Paiosaco

Encontro do alcalde da Laracha coa directora do colexio de Paiosaco_Arquivo_Foto.- Cedida.

José Manuel López Varela e Patricia Bello, mantiveron unha reunión coa directora do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, Agripina Alfeirán, para analizar as principais necesidades que presentará o colexio de cara ao inicio do próximo curso escolar.

Aproveitando o encontro, os representantes do goberno local interesáronse polo desenvolvemento das obras de mellora das fachadas dos dous edificios do centro educativo. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, inviste máis de 23.000 euros na súa impermeabilización cun sistema de illamento térmico para o exterior (SATE), actuacións que están moi avanzadas e que se culminarán posteriormente co pintado exterior. A Xunta tamén procedeu á substitución da porta traseira do edificio principal do colexio.

Este verán o Concello acometerá a mellora da cuberta da pasarela que comunica os dous edificios deste centro educativo.

No próxima semana o alcalde e a concelleira de Educación teñen previsto manter unha reunión cos directores dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha e Caión para coñecer de primeira man as necesidades perentorias para estes colexios no próximo curso escolar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha