O alcalde e Pedro Duque abordan o proxecto da fábrica de circuítos fotónicos de Vigo

1 minutes read

O ministro manifestoulle ao rexedor o seu interese por coñecer de primeira man o proxecto de fábrica de circuítos fotónicos e de laboratorio de I+D para a elaboración de chips “valorando a súa importancia”, logo de saber algúns dos detalles da proposta que conta cun orzamento de 50 millóns de euros e que creará 150 empregos directos de alto valor técnico e centos de empregos indirectos.

“Queremos establecer unha fábrica de altísimo nivel científico tecnolóxico que fabrique chips fotónicos, utilizando fotónica en lugar de electrónica, e estamos facéndoo coa Universidade de Vigo e Zona Franca. Xa hai un volume importante de empresas interesadas”, apuntou Caballero ao indicar que o proxecto será enviado de forma inmediata ao ministro de Ciencia e Innovación.

Ademais, na reunión celebrada por videoconferencia, o ministro Pedro Duque, e o presidente da Femp, abordaron a reforma da Lei da Ciencia “que ten que ser garante do desenvolvemento científico e da carreira científica”, a garantía da permanencia de investigadoras e investigadores, resumiu Caballero.