O alcalde felicitou á larachesa Asunción Varela Ramilo polo seu 101 aniversario

1 minutes read

A larachesa Asunción Varela Ramilo cumpriu o día 20 de maio os 101 anos de idade. O alcalde, José Manuel López Varela, felicitouna persoalmente e agasallouna cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome do Concello.

Asunción Varela é natural da Fraga (parroquia de Coiro), pero reside desde hai máis de medio século no núcleo de As Torres de Cillobre, moi preto da capital municipal, actualmente xunto á súa filla Pura. Ten cinco fillos, sete netos e nove bisnetos, ademais de sobriños e tamén un irmán, Francisco, de 97 anos de idade e residente na Coruña. Con todos eles celebrou a festa de aniversario nun restaurante do termo municipal da Laracha.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?