O alcalde de Vigo pide á Xunta cobertura legal para tramitar as sancións relacionadas co Covid


Abel Caballero trasládalle a Feijóo a súa vontade de cooperación neste eido para o que é preciso que a Xunta atribúa competencias sancionadoras aos concellos a través dunha norma que o habilite. Amais, insiste na necesidade de recibir información sobre a incidencia do virus en Vigo para poder dirixir a protección cidadá. Caballero pídelle á Xunta que “dite unha resolución clara e desenvolvida na que se especifique en que supostos e que infraccións correspondería sancionar aos concellos e cales á Xunta de Galicia”. Neste sentido, o rexedor olívico ofrece “toda a cooperación polo importante momento que estamos vivindo”, incluíndo “o persoal e correr cos custos”, toda vez que é necesaria unha norma legal que habilite este procedemento e asumindo que a Vigo lle vai “custar cartos pero é moi importante. As normas deben cumprirse, non son discrecionais, a cidade estase comportando especialmente ben”.