O alumnado de cociña do Fórum Carballo estrea horto de herbas aromáticas

Huerto en el Fórum Carballo_Concello

  • A Brigada Municipal de Xardíns acondicionou un espazo para as plantas e organizou unha sesión formativa os estudantes

No curso de cociña que se está impartindo no Fórum Carballo poderán utilizar, máis pronto que tarde, as herbas aromáticas e flores comestibles cultivadas polo propio alumnado. A Brigada Municipal de Xardíns rematou esta semana o acondicionamento dun pequeno horto no exterior das instalacións da Escola Municipal de Hostalaría e o xoves a enxeñeira técnica agrícola, Carmen Alonso, ofreceulles unha sesión formativa teórica e práctica.

O concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, que tamén se achegou ata o Fórum Carballo para ver o resultado da actuación, felicitou ao equipo do curso de cociña pola iniciativa e animou ao alumnado a sacarlle o máximo proveito posible.

A última parte da xornada consistiu na plantación do horto. Coandro, menta, ceboliño, ourego, pirixel, tomiño ou loureiro e flores de distintas cores encherán en pouco tempo o pequeno horto, que constitúe un valor engadido á formación que están recibindo os 15 alumnos e alumnas de Eva Arba.