O alumnado de cociña do obradoiro carballés colabora con menús semanais para APEM

O alumnado de cociña do obradoiro de emprego Fórum Dual empezou esta semana a súa formación práctica noutro ámbito de actuación de carácter social. Deste xeito, coa colaboración da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM), os alumnos e alumnas encargaranse da elaboración de dous menús semanais (luns e mércores) para cinco usuarios e usuarias da entidade que non teñen acceso a outro tipo de servizos (Xantar na Casa, etc).

A formación en alternancia é un apartado clave dentro do proxecto do obradoiro dual de emprego que organiza a Concellaría de Innovación, Formación e Emprego e financia a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Un total de 20 persoas iniciaron a súa formación o pasado mes de outubro, 10 na especialidade de cociña e outras 10 na de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha