- O espectáculo de Lydia Botana está incluído na programación do Concello polo Día das Letras Galegas
Este mércores alumnado dos CEIP Joaquín Rodríguez Otero e Milladoiro, das escolas unitarias de Mens e Barizo e do CRA A Nosa Señora do Faro de Malpica gozou do concerto De aquí para alá. O espectáculo creado por Lydia Botana, e que se desenvolveu no auditorio do centro cívico, permitiu ao público poder viaxar polo mundo a través da música.
Esta representación está incluída na programación do mes de maio coa que o Concello de Malpica celebra o Día das Letras Galegas.