O alumnado desde 6 anos deberá levar máscara na clase, cunha distancia de 1,5 metros

1 minutes read
  • Aínda así, Galicia recomenda a máscara nos colexios desde os 3 anos.

O Goberno de España acordou coas comunidades autónomas unhas pautas básicas que buscan evitar contaxios e facer máis segura a volta ao cole. As recomendacións, que deberán ser desenvolvidas por cada comunidade autónoma, contaron co apoio de todos os territorios, agás de Euskadi, que malia estar de acordo co contido do documento aprobado, expresou a súa crítica por unha cuestión competencial, ao subliñar que a educación é unha materia de competencia exclusiva do seu Goberno. A máscara é obrigatoria a partir dos 6 anos e a distancia mínima de seguridade recomendada queda fixada en 1,5 metros. A Xunta rebaixara esta distancia de seguridade a tan só un metro cando o alumnado estea sentado nos seus pupitres.