O alumnado do Conservatorio de Danza presenta unha coreografía colectiva desde casa

1 minutes read

Se o COVID-19 non aparecese nas nosas vidas, o alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña estrearía no Museo de Belas Artes unha nova coreografía de danza contemporánea xunto con alumnado da «The Ruth Page School of Dance» de Chicago, co que estaba previsto un intercambio. Porén, o virus cambiou todas as previsións e a estrea frustrouse, mais iso non foi impedimento para mostrar o traballo desenvolvido polo grupo. Máis de vinte alumnos e alumnas dos últimos cursos de grao profesional participan nesta coreografía que se montou cos vídeos de cada un deles bailando nas súas casas en distintos tempos, cun xogo de movementos que remata cunha frase motivadora de José Martí.