- O centro acolle ata o 20 deste mes a mostra ‘Á violencia de xénero… Dille NON!’, cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade
O alumnado do CPI As Revoltas de Cabana profundiza sobre as condutas relacionadas coa violencia de xénero a través da exposición fotográfica ‘Á violencia de xénero… Dille NON!’. Composta por unha decena de láminas, axuda aos adolescentes a identificar e rexeitar condutas sexistas ou nocivas nas súas relacións.
A mostra, cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade, está instalada desde o 10 de xaneiro no centro, onde permanecerá ata este xoves.