Cabana | O alumnado do CPI As Revoltas identifica condutas sexistas a través da fotografía

Cedida

  • O centro acolle ata o 20 deste mes a mostra ‘Á violencia de xénero… Dille NON!’, cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade

O alumnado do CPI As Revoltas de Cabana profundiza sobre as condutas relacionadas coa violencia de xénero a través da exposición fotográfica ‘Á violencia de xénero… Dille NON!’. Composta por unha decena de láminas, axuda aos adolescentes a identificar e rexeitar condutas sexistas ou nocivas nas súas relacións.

A mostra, cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade, está instalada desde o 10 de xaneiro no centro, onde permanecerá ata este xoves.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha