O Alzheimer tingue de verde a comarca


Este mércores conmemorouse o Día Mundial do Alzheimer, moitos foron os concellos que se tinguiron de verde para lembrarse de todo o que rodea a esta enfermidade. En Carballo, varias persoas, co alcalde Evencio Ferrero á cabeza, acompañaron e apoiaron a Afaber Alzheimer Bergantiños, representada polo seu presidente, Jesús M. Villar Antelo. Todos contribuiron a visibilizar, coa iluminación da casa do concello de cor verde, a necesidade de seguir lembrándonos do alzheimer este día, pero tamén todos os días do ano. A programación de actos de Afaber continuará este domingo cunha misa na igrexa parroquial de Carballo, a partir das 12.30 horas. De seguido haberá un acto de sensibilización na propia igrexa, acompañado pola coral Ribeira do Anllóns.