- Juan José Vila (Coristanco, 1962), é adestrador UEFA PROL. Master Profesional en Fútbol Universidade Murcia. Técnico Deportivo Superior en Fútbol (CSD). Director Master Análise e Scouting en Fútbol (RFEF). Especialista en Táctica e Dirección de Equipos.
- Trátase dun congreso de adestradores online, previsto para os días 12 e 13 de xuño, iniciativa do adestrador Aitor Karanka e a plataforma Fútbol Táctico Group.
O analista e adestrador de orixe coristanquesa, Juanjo Vila, é a cabeza visible, xunto co exfutbolista Aitor Karanka e o equipo do portal de contidos «Fútbol Táctico», do congreso online Golden Coach Congress, que se celebrará os días 12 e 13 de xuño. Karanka, que agora é observador Técnico da UEFA na Champions, xunto ao seu analista Juanjo Vila, prepararon uns relatorios con adestradores da talla de Wenger, Pochettino, Valverde, Del Bosque, Hierro, Camacho, Clemente… e unha longa lista de profesionais do fútbol.
«Nun principio a idea era facelo presencial, para que estivésemos todos xuntos e ter esa proximidade que necesita o adestrador, pero a situación que vivimos debido á crise do coronavirus obrigounos a realizar esta primeira edición en liña», declara Aitor Karanka. Esta iniciativa non só está aberta a persoas vinculadas ao sector do fútbol, senón tamén ao público en xeral interesado polo deporte rei que poderá inscribirse no congreso a través da web https://www.goldencoachcongress.com/