O ano 2020 rexistra o menor número de falecidos nas estradas españolas

0 minutes read

Claramente marcado pola pandemia e polas restricións nos desprazamentos, no ano 2020 faleceron 1.370 persoas en accidentes de tráfico en España. A pesar do drama que iso supón, trátase da menor cifra de vítimas desde que existen rexistros oficiais. A metade dos falecidos foron peóns, ciclistas e motoristas. É un 22% menos que no ano anterior. Tráfico atribúe este descenso á redución das viaxes de longo percorrido. A maioría das comunidades autónomas, entre elas Galicia, tamén pecharon o 2020 coa súa menor cifra anual de vítimas de tráfico.