O ano 2022 tamén será Santo


O Xacobeo 2021 será un ano santo ampliado, cheo de incógnitas, e, por tanto, distinto tamén foi o seu acto inaugural, o que soamente puideron seguir “in situ” na Praza da Quintana 270 persoas, previa recollida de entradas, e que tampouco contou este ano coa derriba do muro exterior, suprimido para evitar danos no recentemente restaurado templo. Unha catedral completamente renovada foi este xoves o escenario da tradicional apertura da Porta Santa, o ritual que marca o inicio de cada ano xubilar, que este ano será dobre, pois Roma aprobou unha prórroga especial ata 2022 debido á situación excepcional de emerxencia sanitaria que está a vivir o mundo. Tras os tres golpes na porta, ás 5 da tarde, o arcebispo de Santiago de Compostela, Xulián Barrio, abriu a porta cunha chave, momento no que repenicaron as campás da Catedral, soaron as trompetas do xúbilo e se acendeu a lanterna da Berenguela. Estamos en Ano Santo!!!.