O Arcebispo de Santiago acudiu a Carballo á presentación do Plan Pastoral

1 minutes read

Os sacerdotes do Arciprestado de Bergantiños e o Consello Pastoral Interparroquial agradeceron a visita a Carballo do Arcebispo mons. Francisco Prieto para a inauguración do curso 2023/24 e presentar o plan pastoral diocesano, a semana dos avós e o programa da parroquia. O acto tivo lugar este luns día 16, ás 20,30 hs no salón parroquial de Carballo. Numerosas persoas acudiron ao acto no templo, coa presenza do párroco José García Gondar. Ata o vindeiro domingo continuarán as actividades con charlas informativas, excursións, teatro e unha homenaxe ás persoas maiores. O director do centro oncolóxico, Alfonso Mariño Cotelo, ofrece este martes unha charla que leva por título “Claves para un envellecemento saudable”. O mércores está programada unha viaxe a San Andrés de Teixido e o xoves unha nova charla a cargo dun membro da Garda Civil.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?