O arcebispo de Santiago confirmou este sábado en Carballo

1 minutes read

Este sábado na Igrexa Parroquial San Xoán Bautista de Carballo, o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, confirmou a 37 mozos e adultos. Unha celebración que estivo concelebrada polo párroco D. José García Gondar, D. Jesús Belo e D. Manuel Mallo. O arcebispo pediu aos mozos que fosen fieis a si mesmos, xa que a Parroquia, a Diocese e a Iglesia necesita a persoas con esa fidelidade. “A fe é un don de Deus que temos que acoller”, e díxolles que non tivesen medo porque imos todos na barca na que Xesús tamén vai. Nun ambiente festivo os confirmandos estiveron acompañados polos seus catequistas e familiares. A Parroquia de Carballo está a vivir nesta Pascua a gozosa celebración do Sacramento da Confirmación dun numeroso grupo de 98 mozos e adultos.