O Arenteiro campión de Terceira tras vencer ao Bergantiños 1-0


O Arenteiro -O Carballiño- proclamouse este domingo campión da Terceira División ao vencer na casa ao Bergantiños FC cun solitario gol de Zanelli no minuto 59. Un triunfo histórico que pon o punto e final a unha tempada complicada e inesquecible, na que ambos os equipos conseguiron ascender á Segunda RFEF, despois de máis de 30 anos. José Luis Sobrino, que xogou en ambos os conxuntos, foi o encargado de facer o saque de honra dun partido no que os dous equipos se mostraron moito respeto na primeira parte, con tímidas ocasións para a portería contraria. O segundo tempo animouse un pouco máis, tras o gol do Arenteiro o conxunto carballés veu un pouco máis arriba, pero sen determinación para mover o marcador, 1-0. Ao final, O Espiñedo converteuse nunha festa, tanto polos ascensos como pola consecución do campionato.

Bergantiños FC en O Espiñedo.