O Arenteiro levouse un accidentado derbi da casa do Bergantiños (2-3)


  • Un apagamento no campo suspendeu o partido durante 15 minutos.

O Arenteiro faise máis líder da categoría tras lograr unha nova vitoria noutro dos derbis galegos na 2.ª RFEF. O equipo de Javi Rey derrotou nas Eiroas ao Bergantiños de José Durán (2-3), pero o equipo carballés nunca se deu por vencido e tratou polo menos de igualar o encontro ata o final. No minuto 25, Marquitos de cabeza, e no 26, Antón Escobar tras roubar un balón, poñían os dous primeiros goles para o conxunto carballiñés. Non tardaron en recortar distancias no marcador os locais, Garrido puxo o 1-2 no marcador antes de que un apagamento deixase sen luz o terreo de xogo. Con ese marcador chegouse ao descanso. Antón Escobar aproveitouse dun erro na defensa local para ampliar a vantaxe no marcador (1-3). Pese ao gol de Josiño para recortar distancias (2-3), o Arenteiro aguantou o resultado e volveu sumar tres puntos máis para afianzarse no liderado. O Bergantiños tratará de volver á senda da vitoria no seu próximo duelo contra o Real Avilés a domicilio, pero de momento quédase en décimo sexto posto na clasificación xeral con 16 puntos.